21 nov 2016

Determinación de "g"

Yolanda Díaz Collazo e Marta Ladra Teijeiro determinaron a aceleración dun corpo en caída libre.
Para elo deixaron caer unha bola de aceiro polo interior dun tubo e mediron os tempos de paso da bola por distintas posicións.
 Con eses valores elaboraron unha gráfica posición tempo, na que se aprecia que o movemento de caída é un mrua, e elaboraron tamén unha gráfica na que representaron a velocidade da bola en sucesivos tramos do tubo polo que baixaba. A partir da representación gráfica destes últimos valores poideron determinar a aceleración de caída, a aceleración da gravidade, obtendo un valor de 10,0 ± 0,3 m/s².   






9 jun 2015

Fabricando fume

    Nesta ocasión poder ver como David Díaz-Robles e Lucía Pérez consiguen fabricar un fume bastante denso.
    Para elo empregan unha disolución acuosa de NH3 (amoníaco) e unha disolución acuosa de HCl (cloruro de hidróxeno/ácido clorhídrico).
   Cando aproximan as dúas disolucións, as moléculas de NH3, que abandonan unha das disolucións, combínanse coas moleculas de HCl que se desprenden da outra disolución, e combínanse dando cloruro de amonio (NH4Cl), sólido de cor branca. Estas partículas de sólido, de moi pequeno tamaño, quedan flotando no aire, ó tempo que refliten a luz, de ahí esa néboa ou fume branco.

12 may 2015

Camareiras con recursos

Marta Fernández e Núria Trillo, móstranche neste vídeo como "converter", con tan soio cambiar de vaso, auga en granadina, a granadina de novo en auga, a auga en leite, o leite en gasosa, a gasosa en cervexa, e por último a cervexa en zume de mazá ou coca-cola.

23 oct 2014

Tinta invisible

Podemos escribir con tinta invisible e o receptor da mensaxe pode ler o contido da mesma aplicandolle ó papel o procedemento adecuado para a tinta empregada.
    Nos videos que seguen Laura López e Andrea Pita mostranche como mandar unha mensaxe segreda empregando zume de limón ou nitrato de chumbo(II).  No primeiro dos casos a mensaxe revélase empregando calor. No segundo empregando sulfuro de sodio.






10 mar 2014

Reacción entre o bicarbonato e o vinagre.

Neste vídeo  Elina Bardanca SánchezRaquel Ardao Suárez Candela María Ferrer Montero  móstrannos como reacciona o bicarbonato de sodio co vinagre e aproveitan o gas desprendido para inchar globos.

25 feb 2014

RELOXO DE IODO.

          Algunhas reaccións químicas transcorren de maneira practicamente instantánea, outras requiren dun certo tempo para realizarse.
          Sara Aguado Couselo, Nevia Lamas Rodríguez e Paula Ramos Sánchez prepararon dúas disolucións que ó mesturalas mostran a formación de iodo a partir de ioduro nun tempo determinado, polo que a reacción funciana como un reloxo.
          Podemos controlar o tempo de oxidación do ión ioduro a iodo variando a concentración dos reactivos. Canto máis concentrados, máis rapidamente transcorre a reacción, canto máis diluídos, máis lenta a reacción. Desta maneira fixeron tres "reloxos" cada un co seu tempo característico.


4 feb 2014

DENSIDADES. Auga doce-Auga salgada.

Marta Pego móstranos neste novo video como apreciar a diferencia de densidade entre a auga doce e a auga salgada.
Nun vaso ten auga doce.
Despois prepara auga salgada disolvendo sal en auga. Para visualizala mellor tingue a auga salgada con colorante alimentario.
Bota a auga salgada coloreada nun vaso de plástico cun orificio no fondo e bótaa por enriba da auga doce.
Observa como a auga salgada, ó ser máis densa que a auga doce, vai para o fondo.