21 dic 2021

Comprobación da expresión v² = vₒ² + 2·a·Δs

 Alex Armán, de 4ºESO, comprobou experimentalmente a validez da expresión v² = v² + 2·a·Δs, que permite calcular a velocidade dun corpo que se despraza seguindo un movemento uniformemente acelerado.

Experimento de física 

 Obtención da velocidade instantánea e media dunha bóla de aceiro en caída libre. 

 Obxectivo do experimento. 


 O experimento consiste na obtención da velocidade media e instantánea dunha bola de aceiro que se deixa en caída libre (despois de 5,07· 10^(-1) m), mediante: a medición do tempo que lle leva percorrer unha distancia de 2,3· 10^(-2) m (podendo obter así a velocidade instantánea da mesma coa seguinte fórmula);:

 vinstantánea= Δs / Δt → t≈0


 e a utilización desta outra fórmula (podendo coñecer, deste xeito, a velocidade media). v= √(2· g· Δs) (xa que v^2=v0^2 + 2· a· Δs, onde v0=0 e a=g)

 Preparación Para a súa realización,

É necesario dispoñer dun cronómetro conectado á corrente, dun tubo (neste caso, de máis de 55 cm), dun soporte universal, de tres dobles noces (dúas para dúas agarradeiras -que sustentantarán o tubo-; e unha máis para o cronómetro), de dúas agarradeiras e dunha bóla de aceiro (de diámetro menor ca o diámetro interno do tubo). 

 Procedemento 

 Unha vez todo estea a punto, deixarase caer a bóla varias veces polo tubo, sempre intentando que a posición inicial da mesma sexa igual (e tentando que non entre en contacto co tubo no seu percorrido); empregaranse cinco valores do tempo dado polo cronómetro naqueles intentos satisfactorios, os cales utilizaranse na primeira das fórmulas. 

 Aplicación das fórmulas 

Comezaremos coa primeira das fórmulas. 

 Para calcular a velocidade instantánea, é preciso coñecer a distancia percorrida pola bóla nun tempo que tende a cero (é dicir, aproximadamente cero); para iso empregaranse os 1 datos dados polo cronómetro, que se corresponde cos seguintes valores de tempo (para Δs= 2,3· 10^(-2) m), coas condicións previamente descritas:

 t1= 6,931· 10^(-3) s

 t2= 6,930· 10^(-3) s

 t3= 6,912· 10^(-3) s

 t4= 7,079· 10^(-3) s

 t5= 6,629· 10^(-3) s //

 t= (6,89 ± 0,11)· 10^(-3) s

 Polo tanto, pódese dicir que: vinstantánea= Δs / Δt = 2,3· 10^(-2) m / 6,89· 10^(-3) = 3,34 m/s 

 En canto á fiabilidade do resultado, cabe destacar que o valor do Δt ten un erro relativo do 1,6%; mentres que o valor do tempo, Δs, ten un erro relativo do 4,3% (se consideramos que poudo haber erro nos milímetros). O cal quere dicir que o resultado ten un erro relativo do 4,3% (aproximadamente, puidendo ter algo máis). En consecuencia, o valor real da velocidade iría entre os 3,2 m/s ata os 3,5 m/s. A continuación, proseguirei co cálculo da velocidade coa segunda fórmula, a de v². v= √(2· g· Δs), onde g = 9,81 m/s² e Δs = 0,53 m ( ) 1 Polo tanto: v= √(2· g· Δs) = √(2· 9,81· 0,53) = 3,22 m/s 

 Resultado que confirma a validez do valor da velocidade instantánea, dado que se atopa entre o rango de erro admisible. 

 Cabe destacar que Δs=5,07· 10^(-1) m + 2,3· 10^(-2) m=5,3· 10^(-1)

3 abr 2017

Ludión de Descartes



    Miguel Cabana Fernández, de 4ºA, ESO, elaborou un “Ludión de Descartes”.
    Trátase dun xoguete que pon de manifesto os principios  de Pascal e de Arquímedes.

    Cunha pequena porción de plástico, obtido dunha bolsa, fixo un pequeno globo e lastrouno con aramio de estaño ata que flotou emerxendo un pouco. Nestas condicións o globo permanece en equilibrio na superficie da auga, sendo o peso do mesmo igoal ó empuxe. 

    Cando se comprime a botella a presión exercida no fluído trnsmítese en tódalas direccións (principio de Pascal) e comprime o globiño . 
Como consecuencia delo o volume do globo diminúe.
    Ó diminuir o volume do globo, que está somerxido, diminúe o empuxe a que está sometido (principio de Arquímedes), polo que ó ser superado o empuxe (vertical, cara arriba)  polo peso (vertical, cara abaixo) o globo descende.

   Se deixamos de apretar,ó diminuir a presión, o volume do globo aumenta, aumenta o empuxe e o globo ascende.

21 nov 2016

Determinación de "g"

Yolanda Díaz Collazo e Marta Ladra Teijeiro determinaron a aceleración dun corpo en caída libre.
Para elo deixaron caer unha bola de aceiro polo interior dun tubo e mediron os tempos de paso da bola por distintas posicións.
 Con eses valores elaboraron unha gráfica posición tempo, na que se aprecia que o movemento de caída é un mrua, e elaboraron tamén unha gráfica na que representaron a velocidade da bola en sucesivos tramos do tubo polo que baixaba. A partir da representación gráfica destes últimos valores poideron determinar a aceleración de caída, a aceleración da gravidade, obtendo un valor de 10,0 ± 0,3 m/s².   






9 jun 2015

Fabricando fume

    Nesta ocasión poder ver como David Díaz-Robles e Lucía Pérez consiguen fabricar un fume bastante denso.
    Para elo empregan unha disolución acuosa de NH3 (amoníaco) e unha disolución acuosa de HCl (cloruro de hidróxeno/ácido clorhídrico).
   Cando aproximan as dúas disolucións, as moléculas de NH3, que abandonan unha das disolucións, combínanse coas moleculas de HCl que se desprenden da outra disolución, e combínanse dando cloruro de amonio (NH4Cl), sólido de cor branca. Estas partículas de sólido, de moi pequeno tamaño, quedan flotando no aire, ó tempo que refliten a luz, de ahí esa néboa ou fume branco.

12 may 2015

Camareiras con recursos

Marta Fernández e Núria Trillo, móstranche neste vídeo como "converter", con tan soio cambiar de vaso, auga en granadina, a granadina de novo en auga, a auga en leite, o leite en gasosa, a gasosa en cervexa, e por último a cervexa en zume de mazá ou coca-cola.

23 oct 2014

Tinta invisible

Podemos escribir con tinta invisible e o receptor da mensaxe pode ler o contido da mesma aplicandolle ó papel o procedemento adecuado para a tinta empregada.
    Nos videos que seguen Laura López e Andrea Pita mostranche como mandar unha mensaxe segreda empregando zume de limón ou nitrato de chumbo(II).  No primeiro dos casos a mensaxe revélase empregando calor. No segundo empregando sulfuro de sodio.






10 mar 2014

Reacción entre o bicarbonato e o vinagre.

Neste vídeo  Elina Bardanca SánchezRaquel Ardao Suárez Candela María Ferrer Montero  móstrannos como reacciona o bicarbonato de sodio co vinagre e aproveitan o gas desprendido para inchar globos.

25 feb 2014

RELOXO DE IODO.

          Algunhas reaccións químicas transcorren de maneira practicamente instantánea, outras requiren dun certo tempo para realizarse.
          Sara Aguado Couselo, Nevia Lamas Rodríguez e Paula Ramos Sánchez prepararon dúas disolucións que ó mesturalas mostran a formación de iodo a partir de ioduro nun tempo determinado, polo que a reacción funciana como un reloxo.
          Podemos controlar o tempo de oxidación do ión ioduro a iodo variando a concentración dos reactivos. Canto máis concentrados, máis rapidamente transcorre a reacción, canto máis diluídos, máis lenta a reacción. Desta maneira fixeron tres "reloxos" cada un co seu tempo característico.


4 feb 2014

DENSIDADES. Auga doce-Auga salgada.

Marta Pego móstranos neste novo video como apreciar a diferencia de densidade entre a auga doce e a auga salgada.
Nun vaso ten auga doce.
Despois prepara auga salgada disolvendo sal en auga. Para visualizala mellor tingue a auga salgada con colorante alimentario.
Bota a auga salgada coloreada nun vaso de plástico cun orificio no fondo e bótaa por enriba da auga doce.
Observa como a auga salgada, ó ser máis densa que a auga doce, vai para o fondo.


21 ene 2014

Efecto Venturi.

Neste novo vídeo feito por Marta Pego pode verse unha aplicación práctica sinxela do efecto Venturi.
Cunha palla de plástico, das empregadas para tomar un refresco, sopramos entre as lapas de dúas veles encendidas.
Todos contamos con que ó soprar entre elas, estas se separen, pero ¿é isto o que ocorre?





1 feb 2013

A PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Nos seguintes videos, elaborados por Marta Pego e Alicia Bugallo, podes apreciar como a presión atmosférica é capaz de meter un ovo dentro dun frasco de boca estreita.

ALERXIAS ALIMENTARIAS


A alerxia é a hipersensibilidade a unha partícula ou sustancia que produce unha reacción e uns síntomas característicos.

Alerxias aos alimentos.
É unha resposta do organismo cando entra en contacto co alérxeno alimentario.
Uns dos alimentos que poden producir alerxia:

Ovo: é a reacción adversa coa inxestión de ovo. Preséntase cando o organismo presenta un anticorpo coñecido como IGE (inmunoglobulina E). Os síntomas son gastrointestinais agudos e respiratorios. En casos de persoas con dermatite atópica relacionouse a alerxia cunha irritación da dermatite.


 Leite: tras a inxesta de lácteos manifesta unha resposta con reaccións adversas a alimentos. Os síntomas son cutáneos, seguidos de dixestivos ou asociación de ambos e finalmente respiratorios e anafilaxia. En ocasións, os síntomas son leves e pouco valorados ou non relacionados aparentemente co alimento.
 
Froita e verdura: Existe unha relación entre esta alerxia e á do pole. Os síntomas máis frecuentes son os orofarínxeos, son de tipo inmediato e aparecen dentro da primeira hora logo da inxestión. En España é a alerxia máis frecuente dentro das alerxias aos alimentos cunha porcentaxe de 37% a maiores de 5 anos.


Marisco: é co peixe un dos alimentos que máis alerxias provoca. Os mariscos que producen alerxias mais frecuentemente son:
-  crustáceos como os camaróns, lagosta, gambas...
- moluscos:   bivaldos ( mexillóns, ostras...
);  gasterópodos ( caracois, minchas...);  cefalópodos ( polbo, lura...)

 
Especias: Reacción excesiva do sistema inmunolóxico a varias sustancias. Os síntomas máis comúns son nariz augado, ollos chorosos e vermellos, fatiga. Normalmente este tipo de alerxia tense por mor dalgunha enfermidade crónica como a asma.


Legumes: utilízanse como alimento ou como espesante e estabilizante de alimentos Os principais legumes que provocan reaccións alérxicas son a lentella, chícharo, cacahuete, soia, feixoos, fabas lobas e  xudías. Os síntomas dependen de que sexan frescas ou secas, pero poden provocar urticaria, anxioedema, rinite, etc.


Aurora  Girón Ávalos   e  Claudia Fernández López,  4º C - ESO.

9 dic 2012

A LÁMPADA




A historia da lámpada, tamén chamada bombilla,  comeza ao final do século XIX con Thomas Alva Edison ao que se lle recoñece como o creador da primeira lámpada ou foco eléctrico. Aínda que xa se desenvolveu anteriormente, foi a primeira lámpada incandescente práctica e viable que luciu durante 48 horas ininterrompidas.

Hoxendía coñécese que Heinrich Goebel , reloxeiro alemán, fabricou lámpadas funcionais case tres décadas antes. Construíu o que moitos chaman a primeira lámpada. Introduciú un fliamento de bambú dentro dunha botella baleira para evitar a oxidación. Continuou o desenvolvemento do invento durante os cinco anos seguintes, logrando que funcionase ata 400 horas.


En 1900, desenvolveuse o primeiro filamento de osmio metálico. Este tipo de lámpada consumía a metade de enerxía que a de carbón, mentres que producía a mesma cantidade de luz. En 1903 probáronse distintos filamentos para a lámpada, ata que a lámpada  consumise só unha terceira parte da enerxía requirida pola lámpada de carbón, para alcanzar a mesma luminosidade.  Agora os filamentos máis empregados son os de wolframio.
Entre os intentos para mellorar á tradicional bombilla atopamos á lámpada halógena, na que o interior do recipiente vai cheo de gas halóxeno, o efecto é que se retarda o "queimado" nas partes que se van desgastando do filamento, o que permite unha vida maior e un traballo a maior temperatura. As lámpadas halógenas entregan unha percepción de maior brillo e cor máis agradable.


Outras alternativas son as lámpadas fluorescentes, que vemos principalmente en establecementos de maior tamaño, e ultimamente os LED (Light Emiting Diode ou Diodo Emisor de Luz), dunha incrible eficiencia e economía. Aos poucos estes LEDs ábrense paso para ir substituíndo ás bombillas ou lámpadas eléctricas para algúns usos cotiáns. As lámpadas fluorescentes compactas presentáronse a principios dos anos oitenta. Utilizan un 80% menos de enerxía (debido principalmente a que producen moita menos calor) e poden durar ata 12 veces máis, aforrando así diñeiro na factura eléctrica. Esta porcentaxe mellora con cada novo modelo. As lámpadas led denomínanse lámpadas de baixo consumo e pódense usar para calquera actividade comercial, destacan o seu aforro enerxético , arranque instantáneo, aguante aos acesos e apagados continuos e a súa maior vida útil, pero tamén con certos inconvenientes como o é o seu elevado custo inicial. A lámpada é un dos inventos máis utilizados polo home desde a súa creación ata a data de hoxe.


Inés Sixto Pérez, 2º  D - ESO

A METEOROLOXÍA



A pesar da maliciosa crenza popular de que os meteorólogos non dan nin unha, o certo é que nos últimos anos as predicciones meteorolóxicas non paraban de mellorar grazas aos avances científicos, facilitándonos enormemente a vida. Durante a SECYT poidemos falar con Xoan André García , meteorólogo do antigo Instituto Nacional de Metereoloxía no Centro Meteorolóxico Territorial de Guadalupe (Murcia).


García comentounos que antes as prediccións realizábanse con poucos medios, dado que o precario desarrolo da tecnoloxía informática non permitía simular modelos atmosféricos complexos, como se fai hoxendía. Sen embargo, o noso invitado de hoxe reivindica que a pesar das carencias técnicas, antes os meteorólogos tiñan un gran coñecemento da climatoloxía de cada zona, o que lles permitía facer predicciones bastante precisas.


Na actualidade, a rede de observación ampliase e a posta en órbita a finais dos anos setenta de satélites mellorou a visión do planeta en zonas, antano pouco accesibles, como os oceános, e de donde proveñen boa parte dos fenómenos meteorolóxicos que nos afectan. Aparte dos satélites, existen outros puntos de observación como os centros territoriais ou os avións comerciais que levan instalados sensores que recollen datos para incrementar o rigor na predicción.
 
Según García, o futuro da predicción meteorolóxica encóntrase no aumento da resolución dos fenómenos observables. La AEMET traballa actualmente coa resolución de 5 kilómetros , que permite discriminar fenómenos a escala moi local. Fai non tantos anos, a resolución era por enriba de 50 kilómetros, polo que era “ prácticamente igual o que sucedía en Ferrol e o que sucedía en Lugo…”
Belén Sañudo Costoya  2ºD - ESO

BILL GATES



    O pasado mes de Febreiro, o creador de Microsoft, Bill Gates, estivo de paso en Madrid por unhas horas. O principal motivo da súa viaxe foi unha reunión con Mariano Rajoy, con quen compartiu historias das persoas que coñeceu nas súas viaxes a países en vías de desenvolvemento tales como Tanzania, Ruanda ou Sudáfrica.
     A fundación que preside xunto á súa muller, Melinda, e que xestiona toda a súa fortuna converteuse nun referente da loita contra algún dos maiores problemas que sofren os países pobres. Conta cun orzamento fabuloso: o seu investimento anual en programas de saúde duplica o orzamento total da OMS (Organización Mundial da Saúde), e en 2010 distribuíu 2600 millóns de dólares en becas de investigación e cooperación.

     Na súa entrevista co Pre-sidente do Goberno español, Gates dialogou sobre o seu traballo e os temas que lle obsesionan: a SAÚDE, o DESENVOLVEMENTO e a EDUCACIÓN.     
A información actualizada que proporcionou en relación coa redución de mortes por malaria, as innovacións na agricultura e mellóraa na saúde global, non debe afastarnos da horrible realidade que supón a existencia de mil millóns de persoas no mundo que sobreviven en condicións infrahumanas.
      Neste sentido instó a Mariano Rajoy a manter o orzamento de cooperación e concentralo nos países máis pobres. A cooperación internacional, na medida do posible dada a innegable crise económica mundial, permitiría aumentar as taxas de vacunación fronte á poliomielite e o sarampelo, manter o investimento en técnicas de investigación para o desenvolvemento dunha vacuna contra a sida, a malaria e a tuberculose, abordar asuntos como a educación das nais para que alimenten aos seus fillos con lactancia materna, mellorar a nutrición infantil (en África a maioría dos nenos sofren algunha carencia nutricional que lles impide desenvolver o seu potencial).
     Este matemático ao que lle gustaban os ordenadores e ao que sempre fascinaron a física, a química e a bioloxía, quere cambiar o mundo, e, en saúde internacional, a Fundación que leva o seu nome, está marcando época.

Javier Vilasánchez Vilar  2ºD - ESO