O pasado mes de Febreiro, o creador de
Microsoft, Bill Gates, estivo de paso en Madrid por unhas horas. O principal
motivo da súa viaxe foi unha reunión con Mariano Rajoy, con quen compartiu
historias das persoas que coñeceu nas súas viaxes a países en vías de desenvolvemento
tales como Tanzania, Ruanda ou Sudáfrica.
A fundación que preside xunto á súa
muller, Melinda, e que xestiona toda a súa fortuna converteuse nun referente da
loita contra algún dos maiores problemas que sofren os países pobres. Conta cun
orzamento fabuloso: o seu investimento anual en programas de saúde duplica o
orzamento total da OMS (Organización Mundial da Saúde), e en 2010 distribuíu
2600 millóns de dólares en becas de investigación e cooperación.
Na súa entrevista co Pre-sidente do
Goberno español, Gates dialogou sobre o seu traballo e os temas que lle
obsesionan: a SAÚDE, o DESENVOLVEMENTO e a EDUCACIÓN.
A información actualizada que proporcionou en
relación coa redución de mortes por malaria, as innovacións na agricultura e
mellóraa na saúde global, non debe afastarnos da horrible realidade que supón a
existencia de mil millóns de persoas no mundo que sobreviven en condicións
infrahumanas.
Este
matemático ao que lle gustaban os ordenadores e ao que sempre fascinaron a
física, a química e a bioloxía, quere cambiar o mundo, e, en saúde
internacional, a Fundación que leva o seu nome, está marcando época.
