É un dos materiais
máis finos, flexibles, fortes e con maior condutividade que existen. Aínda que
a súa estrutura descubriuse fai máis de oitenta anos, foi investigado por
primeira vez en 2004 e será o futuro das sociedades tecnolóxicas, xa que as
súas aplicacións son enormes. Os seus descubridores, Kostya Novoselov e Andre Geim recibiron o Nobel de Física en 2010 grazas a este
descubrimento. Tamén ten outras aplicacións como por exemplo, o potencial
suficiente para revolucionar a industria da telefonía móbil, as
telecomunicacións ou a fabricación de chips, pero tamén para redefinir a forma
de elaborar fármacos contra o cancro.
En algo
máis de unha década , os dispositivos electrónicos xa no serán ríxidos,como
sucede cos actuais, sino elásticos, o cal lles permitirá cambiar de forma e
tamén de funcións según as necesidades de cada momento.
Por
exemplo, o teléfono móbil do futuro podía ser unha especie de lámina de
plástico transparente, flexible e despregable, de forma que poidamos levala no
bolsillo ou desplegala varias veces hasta que teña o tamaño estándar da
pantalla dun ordenador. Cada usuario elixirá si quere utilizar o seu
dispositivo para falar por teléfono, para ver unha película, para traballar ou
para compartir documentos cos seus contactos. Algunhas aplicacións podían
aparecer nos próximos anos, mentres que outras necesitan aínda de moitos anos de
duro traballo.
Emilio Acción García 4º B - ESO.