1 feb 2013
A PRESIÓN ATMOSFÉRICA
Nos seguintes videos, elaborados por Marta Pego e Alicia Bugallo, podes apreciar como a presión atmosférica é capaz de meter un ovo dentro dun frasco de boca estreita.
ALERXIAS ALIMENTARIAS
A alerxia é a hipersensibilidade a unha partícula ou sustancia que produce unha
reacción e uns síntomas característicos.
Alerxias aos alimentos.
É unha resposta do organismo cando entra en contacto co alérxeno alimentario.
Uns dos alimentos que poden producir alerxia:
Ovo: é a reacción adversa coa inxestión de ovo. Preséntase cando o organismo presenta un anticorpo coñecido como IGE (inmunoglobulina E). Os síntomas son gastrointestinais agudos e respiratorios. En casos de persoas con dermatite atópica relacionouse a alerxia cunha irritación da dermatite.
Leite: tras a inxesta de
lácteos manifesta unha resposta con reaccións adversas a alimentos. Os síntomas
son cutáneos, seguidos de dixestivos ou asociación de ambos e finalmente
respiratorios e anafilaxia. En ocasións, os síntomas son leves e pouco
valorados ou non relacionados aparentemente co alimento.
Froita e verdura: Existe unha relación entre esta alerxia e á do pole. Os síntomas máis frecuentes son os orofarínxeos, son de tipo inmediato e aparecen dentro da primeira hora logo da inxestión. En España é a alerxia máis frecuente dentro das alerxias aos alimentos cunha porcentaxe de 37% a maiores de 5 anos.
Marisco: é co peixe un dos alimentos que máis alerxias provoca. Os mariscos que producen alerxias mais frecuentemente son:
- crustáceos como os camaróns, lagosta, gambas...
- moluscos: bivaldos ( mexillóns, ostras... ); gasterópodos ( caracois, minchas...); cefalópodos ( polbo, lura...)
Especias: Reacción excesiva do sistema inmunolóxico a varias sustancias. Os síntomas máis comúns son nariz augado, ollos chorosos e vermellos, fatiga. Normalmente este tipo de alerxia tense por mor dalgunha enfermidade crónica como a asma.
Legumes: utilízanse como
alimento ou como espesante e estabilizante de alimentos Os principais legumes
que provocan reaccións alérxicas son a lentella, chícharo, cacahuete, soia, feixoos,
fabas lobas e xudías. Os síntomas
dependen de que sexan frescas ou secas, pero poden provocar urticaria, anxioedema,
rinite, etc.
Alerxias aos alimentos.
É unha resposta do organismo cando entra en contacto co alérxeno alimentario.
Uns dos alimentos que poden producir alerxia:
Ovo: é a reacción adversa coa inxestión de ovo. Preséntase cando o organismo presenta un anticorpo coñecido como IGE (inmunoglobulina E). Os síntomas son gastrointestinais agudos e respiratorios. En casos de persoas con dermatite atópica relacionouse a alerxia cunha irritación da dermatite.
Leite: tras a inxesta de
lácteos manifesta unha resposta con reaccións adversas a alimentos. Os síntomas
son cutáneos, seguidos de dixestivos ou asociación de ambos e finalmente
respiratorios e anafilaxia. En ocasións, os síntomas son leves e pouco
valorados ou non relacionados aparentemente co alimento.Froita e verdura: Existe unha relación entre esta alerxia e á do pole. Os síntomas máis frecuentes son os orofarínxeos, son de tipo inmediato e aparecen dentro da primeira hora logo da inxestión. En España é a alerxia máis frecuente dentro das alerxias aos alimentos cunha porcentaxe de 37% a maiores de 5 anos.
Marisco: é co peixe un dos alimentos que máis alerxias provoca. Os mariscos que producen alerxias mais frecuentemente son:
- crustáceos como os camaróns, lagosta, gambas...
- moluscos: bivaldos ( mexillóns, ostras... ); gasterópodos ( caracois, minchas...); cefalópodos ( polbo, lura...)
Especias: Reacción excesiva do sistema inmunolóxico a varias sustancias. Os síntomas máis comúns son nariz augado, ollos chorosos e vermellos, fatiga. Normalmente este tipo de alerxia tense por mor dalgunha enfermidade crónica como a asma.
Legumes: utilízanse como
alimento ou como espesante e estabilizante de alimentos Os principais legumes
que provocan reaccións alérxicas son a lentella, chícharo, cacahuete, soia, feixoos,
fabas lobas e xudías. Os síntomas
dependen de que sexan frescas ou secas, pero poden provocar urticaria, anxioedema,
rinite, etc.Aurora Girón Ávalos e Claudia Fernández López, 4º C - ESO.
9 dic 2012
A LÁMPADA
Hoxendía coñécese que Heinrich Goebel , reloxeiro alemán, fabricou lámpadas funcionais case tres décadas antes. Construíu o que moitos chaman a primeira lámpada. Introduciú un fliamento de bambú dentro dunha botella baleira para evitar a oxidación. Continuou o desenvolvemento do invento durante os cinco anos seguintes, logrando que funcionase ata 400 horas.
Entre os intentos para mellorar á tradicional bombilla atopamos á lámpada halógena, na que o interior do recipiente vai cheo de gas halóxeno, o efecto é que se retarda o "queimado" nas partes que se van desgastando do filamento, o que permite unha vida maior e un traballo a maior temperatura. As lámpadas halógenas entregan unha percepción de maior brillo e cor máis agradable.
Outras alternativas son as lámpadas fluorescentes, que vemos principalmente en establecementos de maior tamaño, e ultimamente os LED (Light Emiting Diode ou Diodo Emisor de Luz), dunha incrible eficiencia e economía. Aos poucos estes LEDs ábrense paso para ir substituíndo ás bombillas ou lámpadas eléctricas para algúns usos cotiáns. As lámpadas fluorescentes compactas presentáronse a principios dos anos oitenta. Utilizan un 80% menos de enerxía (debido principalmente a que producen moita menos calor) e poden durar ata 12 veces máis, aforrando así diñeiro na factura eléctrica. Esta porcentaxe mellora con cada novo modelo. As lámpadas led denomínanse lámpadas de baixo consumo e pódense usar para calquera actividade comercial, destacan o seu aforro enerxético , arranque instantáneo, aguante aos acesos e apagados continuos e a súa maior vida útil, pero tamén con certos inconvenientes como o é o seu elevado custo inicial. A lámpada é un dos inventos máis utilizados polo home desde a súa creación ata a data de hoxe.
Inés Sixto Pérez, 2º D - ESO
Etiquetas:
bambú,
carbón,
Edison,
filamento,
fluorescente,
halóxeno,
lámpada bombilla,
LED,
luminosidade,
wolframio
A METEOROLOXÍA
A pesar
da maliciosa crenza popular de que os meteorólogos non dan nin unha, o certo é
que nos últimos anos as predicciones meteorolóxicas non paraban de mellorar
grazas aos avances científicos, facilitándonos enormemente a vida. Durante a
SECYT poidemos falar con Xoan André García , meteorólogo do antigo Instituto
Nacional de Metereoloxía no Centro Meteorolóxico Territorial de Guadalupe
(Murcia).
García
comentounos que antes as prediccións realizábanse con poucos medios, dado que o
precario desarrolo da tecnoloxía informática non permitía simular modelos
atmosféricos complexos, como se fai hoxendía. Sen embargo, o noso invitado de
hoxe reivindica que a pesar das carencias técnicas, antes os meteorólogos tiñan
un gran coñecemento da climatoloxía de cada zona, o que lles permitía facer
predicciones bastante precisas.
Na actualidade, a rede de
observación ampliase e a posta en órbita a finais dos anos setenta de satélites
mellorou a visión do planeta en zonas, antano pouco accesibles, como os
oceános, e de donde proveñen boa parte dos fenómenos meteorolóxicos que nos
afectan. Aparte dos satélites, existen outros puntos de observación como os
centros territoriais ou os avións comerciais que levan instalados sensores que
recollen datos para incrementar o rigor na predicción.
Según García, o futuro da
predicción meteorolóxica encóntrase no aumento da resolución dos fenómenos
observables. La AEMET traballa actualmente coa resolución de 5 kilómetros , que
permite discriminar fenómenos a escala moi local. Fai non tantos anos, a
resolución era por enriba de 50 kilómetros, polo que era “ prácticamente igual
o que sucedía en Ferrol e o que sucedía en Lugo…”
|
Etiquetas:
atmosférico,
climatoloxía,
Meteoroloxía,
predicción,
radar,
satélite
BILL GATES
O pasado mes de Febreiro, o creador de
Microsoft, Bill Gates, estivo de paso en Madrid por unhas horas. O principal
motivo da súa viaxe foi unha reunión con Mariano Rajoy, con quen compartiu
historias das persoas que coñeceu nas súas viaxes a países en vías de desenvolvemento
tales como Tanzania, Ruanda ou Sudáfrica.
A fundación que preside xunto á súa
muller, Melinda, e que xestiona toda a súa fortuna converteuse nun referente da
loita contra algún dos maiores problemas que sofren os países pobres. Conta cun
orzamento fabuloso: o seu investimento anual en programas de saúde duplica o
orzamento total da OMS (Organización Mundial da Saúde), e en 2010 distribuíu
2600 millóns de dólares en becas de investigación e cooperación.
Na súa entrevista co Pre-sidente do
Goberno español, Gates dialogou sobre o seu traballo e os temas que lle
obsesionan: a SAÚDE, o DESENVOLVEMENTO e a EDUCACIÓN.
A información actualizada que proporcionou en
relación coa redución de mortes por malaria, as innovacións na agricultura e
mellóraa na saúde global, non debe afastarnos da horrible realidade que supón a
existencia de mil millóns de persoas no mundo que sobreviven en condicións
infrahumanas.
Este
matemático ao que lle gustaban os ordenadores e ao que sempre fascinaron a
física, a química e a bioloxía, quere cambiar o mundo, e, en saúde
internacional, a Fundación que leva o seu nome, está marcando época.
Etiquetas:
Bill Gates,
cooperación,
desenvolvemento,
educación,
fundación,
malaria,
Melinda,
ordenadores,
sida,
vacuna
A BIOTECNOLOXÍA NA MEDICINA
¿Que é a biotecnoloxía?
A biotecnoloxía e o conxunto de técnicas que
empregan organismos vivos, parte deles ou substancias que proveñan deles para
obter produtos útiles para os humanos, como carburantes, alimentos,
medicinas...
Xa no Neolítico os
agricultores usaban técnicas antigas de biotecnoloxía para seleccionar os
cultivos máis resistentes e con mellor rendemento. Hai 8000 anos os sumerios e
os babilonios comezaron a producir cervexa mediante a fermentación, mentres que
os exipcios descubriron a técnica para elaborar pan de levadura hai 6000 anos.
Pero non coñecían a razón da fermentación, xa que non foi ata o ano 1864 cando
Pasteur demostrou que a fermentación estaba causada por bacterias
APLICACIÓNS EN MEDICINA
As principais
aplicacións da biotecnoloxía son nos campos da medicina, da agricultura,
aplicacións para usos non alimentarios dos cultivos (biocombustibles, plásticos
biodegradables...) e na xenética.
A aplicación da biotecnoloxía na medicina
permite identificar os xenes que interveñen nas diferentes enfermidades e desenvolver
fármacos que compensen a actividade de los xenes alterados en cada patoloxía.
As
catro áreas de investigación sobre saúde humana nas que a biotecnoloxía ten un
maior impacto son las relativas a diagnóstico molecular y diagnóstico de
enfermidades; desenvolvemento de fármacos; terapia celular e enxeñaría de
tecidos e, por último, terapia xénica y vacinas xénicas.
A enxeñaría
xenética, tamén chamada bioxenética, é a tecnoloxía do control e transferencia
de ADN dun organismo a outro, o que posibilita a creación de novas especies, a
corrección de defectos xenéticos e a fabricación de numerosos compostos.
A aplicación da
enxeñaría xenética na farmacoloxía permite a fabricación de novos tratamentos
para diferentes enfermidades. Por exemplo, o factor VIII (necesario para a
coagulación e do que carecen as persoas hemofílicas) fabrícase actualmente por
enxeñaría, como a hormona do crecemento ou as vacinas contra a hepatite A e B.
Os antibióticos obtéñense de bacterias e fungos, que impiden o desenvolvemento
doutros organismos. 

Un
dos procesos máis coñecidos é a obtención de insulina humana a partir de
bacterias recombinantes. O xene da insulina humana extráese da célula e
introdúcese na célula hóspede, que acostuma a ser unha bacteria ou un fermento.
A célula hóspede contén ADN recombinante, mestura do ADN humano co seu propio
ADN. A bacteria recombinante, ao dividirse, fará copias do seu xenoma, pero
tamén do ADN humano que se lle introduciu, no proceso que se denomina clonación
xénica. Estas bacterias cultívanse en grandes fermentadores para que as
bacterias se dividan máis rapidamente. Desta maneira, a insulina producida é
idéntica á humana e non hai risco de que provoque rechazo, como podería
provocar a insulina de orixe animal.
A parte das aplicacións
na farmacoloxía, a biotecnoloxía aplicada á propia medicina permitiu tamén
diversos avances.
O diagnóstico
clínico permite detectar e previr enfermidades antes de que se manifesten.
Ademais, o diagnóstico molecular, que estuda o ADN do paciente enfermo, permite
detectar as mutacións que o individuo poda ter nos seus xenes, así como o
estudo da herdanza conxunta de marcadores anónimos.
A identificación
xenética permite identificar a una persoa a partir dunha gota de sangue ou
calquera célula da que se poida extraer o ADN. A técnica para extraer os
denominados patróns xenéticos consiste en extraer sangue, fragmentar as cadeas
de ADN e separalas en bandas facendo pasar una cadea eléctrica.
A terapia xénica e
un procedemento para tratar algunhas enfermidades xénicas mediante tecnoloxía
de ADN. Consiste en introducir nas células do paciente un xene normal que
substitúa ao xene defectuoso, para que o novo xene se integre no ADN das
células do individuo, e sexa capaz de producir a proteína que o xene defectuoso
non é capaz de producir.
Etiquetas:
ADN,
antibióticos,
bacterias,
biotecnoloxía,
célula,
enfermidades,
fármacos,
insulina,
medicina,
terapia,
xene
8 dic 2012
O GRAFENO
É un dos materiais
máis finos, flexibles, fortes e con maior condutividade que existen. Aínda que
a súa estrutura descubriuse fai máis de oitenta anos, foi investigado por
primeira vez en 2004 e será o futuro das sociedades tecnolóxicas, xa que as
súas aplicacións son enormes. Os seus descubridores, Kostya Novoselov e Andre Geim recibiron o Nobel de Física en 2010 grazas a este
descubrimento. Tamén ten outras aplicacións como por exemplo, o potencial
suficiente para revolucionar a industria da telefonía móbil, as
telecomunicacións ou a fabricación de chips, pero tamén para redefinir a forma
de elaborar fármacos contra o cancro.
En algo
máis de unha década , os dispositivos electrónicos xa no serán ríxidos,como
sucede cos actuais, sino elásticos, o cal lles permitirá cambiar de forma e
tamén de funcións según as necesidades de cada momento.
Por
exemplo, o teléfono móbil do futuro podía ser unha especie de lámina de
plástico transparente, flexible e despregable, de forma que poidamos levala no
bolsillo ou desplegala varias veces hasta que teña o tamaño estándar da
pantalla dun ordenador. Cada usuario elixirá si quere utilizar o seu
dispositivo para falar por teléfono, para ver unha película, para traballar ou
para compartir documentos cos seus contactos. Algunhas aplicacións podían
aparecer nos próximos anos, mentres que outras necesitan aínda de moitos anos de
duro traballo.
Emilio Acción García 4º B - ESO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


