1 feb 2013

A PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Nos seguintes videos, elaborados por Marta Pego e Alicia Bugallo, podes apreciar como a presión atmosférica é capaz de meter un ovo dentro dun frasco de boca estreita.

ALERXIAS ALIMENTARIAS


A alerxia é a hipersensibilidade a unha partícula ou sustancia que produce unha reacción e uns síntomas característicos.

Alerxias aos alimentos.
É unha resposta do organismo cando entra en contacto co alérxeno alimentario.
Uns dos alimentos que poden producir alerxia:

Ovo: é a reacción adversa coa inxestión de ovo. Preséntase cando o organismo presenta un anticorpo coñecido como IGE (inmunoglobulina E). Os síntomas son gastrointestinais agudos e respiratorios. En casos de persoas con dermatite atópica relacionouse a alerxia cunha irritación da dermatite.


 Leite: tras a inxesta de lácteos manifesta unha resposta con reaccións adversas a alimentos. Os síntomas son cutáneos, seguidos de dixestivos ou asociación de ambos e finalmente respiratorios e anafilaxia. En ocasións, os síntomas son leves e pouco valorados ou non relacionados aparentemente co alimento.
 
Froita e verdura: Existe unha relación entre esta alerxia e á do pole. Os síntomas máis frecuentes son os orofarínxeos, son de tipo inmediato e aparecen dentro da primeira hora logo da inxestión. En España é a alerxia máis frecuente dentro das alerxias aos alimentos cunha porcentaxe de 37% a maiores de 5 anos.


Marisco: é co peixe un dos alimentos que máis alerxias provoca. Os mariscos que producen alerxias mais frecuentemente son:
-  crustáceos como os camaróns, lagosta, gambas...
- moluscos:   bivaldos ( mexillóns, ostras...
);  gasterópodos ( caracois, minchas...);  cefalópodos ( polbo, lura...)

 
Especias: Reacción excesiva do sistema inmunolóxico a varias sustancias. Os síntomas máis comúns son nariz augado, ollos chorosos e vermellos, fatiga. Normalmente este tipo de alerxia tense por mor dalgunha enfermidade crónica como a asma.


Legumes: utilízanse como alimento ou como espesante e estabilizante de alimentos Os principais legumes que provocan reaccións alérxicas son a lentella, chícharo, cacahuete, soia, feixoos, fabas lobas e  xudías. Os síntomas dependen de que sexan frescas ou secas, pero poden provocar urticaria, anxioedema, rinite, etc.


Aurora  Girón Ávalos   e  Claudia Fernández López,  4º C - ESO.