25 feb 2014

RELOXO DE IODO.

          Algunhas reaccións químicas transcorren de maneira practicamente instantánea, outras requiren dun certo tempo para realizarse.
          Sara Aguado Couselo, Nevia Lamas Rodríguez e Paula Ramos Sánchez prepararon dúas disolucións que ó mesturalas mostran a formación de iodo a partir de ioduro nun tempo determinado, polo que a reacción funciana como un reloxo.
          Podemos controlar o tempo de oxidación do ión ioduro a iodo variando a concentración dos reactivos. Canto máis concentrados, máis rapidamente transcorre a reacción, canto máis diluídos, máis lenta a reacción. Desta maneira fixeron tres "reloxos" cada un co seu tempo característico.


4 feb 2014

DENSIDADES. Auga doce-Auga salgada.

Marta Pego móstranos neste novo video como apreciar a diferencia de densidade entre a auga doce e a auga salgada.
Nun vaso ten auga doce.
Despois prepara auga salgada disolvendo sal en auga. Para visualizala mellor tingue a auga salgada con colorante alimentario.
Bota a auga salgada coloreada nun vaso de plástico cun orificio no fondo e bótaa por enriba da auga doce.
Observa como a auga salgada, ó ser máis densa que a auga doce, vai para o fondo.