23 oct 2014

Tinta invisible

Podemos escribir con tinta invisible e o receptor da mensaxe pode ler o contido da mesma aplicandolle ó papel o procedemento adecuado para a tinta empregada.
    Nos videos que seguen Laura López e Andrea Pita mostranche como mandar unha mensaxe segreda empregando zume de limón ou nitrato de chumbo(II).  No primeiro dos casos a mensaxe revélase empregando calor. No segundo empregando sulfuro de sodio.






10 mar 2014

Reacción entre o bicarbonato e o vinagre.

Neste vídeo  Elina Bardanca SánchezRaquel Ardao Suárez Candela María Ferrer Montero  móstrannos como reacciona o bicarbonato de sodio co vinagre e aproveitan o gas desprendido para inchar globos.

25 feb 2014

RELOXO DE IODO.

          Algunhas reaccións químicas transcorren de maneira practicamente instantánea, outras requiren dun certo tempo para realizarse.
          Sara Aguado Couselo, Nevia Lamas Rodríguez e Paula Ramos Sánchez prepararon dúas disolucións que ó mesturalas mostran a formación de iodo a partir de ioduro nun tempo determinado, polo que a reacción funciana como un reloxo.
          Podemos controlar o tempo de oxidación do ión ioduro a iodo variando a concentración dos reactivos. Canto máis concentrados, máis rapidamente transcorre a reacción, canto máis diluídos, máis lenta a reacción. Desta maneira fixeron tres "reloxos" cada un co seu tempo característico.


4 feb 2014

DENSIDADES. Auga doce-Auga salgada.

Marta Pego móstranos neste novo video como apreciar a diferencia de densidade entre a auga doce e a auga salgada.
Nun vaso ten auga doce.
Despois prepara auga salgada disolvendo sal en auga. Para visualizala mellor tingue a auga salgada con colorante alimentario.
Bota a auga salgada coloreada nun vaso de plástico cun orificio no fondo e bótaa por enriba da auga doce.
Observa como a auga salgada, ó ser máis densa que a auga doce, vai para o fondo.


21 ene 2014

Efecto Venturi.

Neste novo vídeo feito por Marta Pego pode verse unha aplicación práctica sinxela do efecto Venturi.
Cunha palla de plástico, das empregadas para tomar un refresco, sopramos entre as lapas de dúas veles encendidas.
Todos contamos con que ó soprar entre elas, estas se separen, pero ¿é isto o que ocorre?