9 dic 2012

A BIOTECNOLOXÍA NA MEDICINA



 ¿Que é a biotecnoloxía?

  A biotecnoloxía e o conxunto de técnicas que empregan organismos vivos, parte deles ou substancias que proveñan deles para obter produtos útiles para os humanos, como carburantes, alimentos, medicinas...

¿Desde cando se utiliza?

Xa no Neolítico os agricultores usaban técnicas antigas de biotecnoloxía para seleccionar os cultivos máis resistentes e con mellor rendemento. Hai 8000 anos os sumerios e os babilonios comezaron a producir cervexa mediante a fermentación, mentres que os exipcios descubriron a técnica para elaborar pan de levadura hai 6000 anos. Pero non coñecían a razón da fermentación, xa que non foi ata o ano 1864 cando Pasteur demostrou que a fermentación estaba causada por bacterias

 APLICACIÓNS EN MEDICINA

As principais aplicacións da biotecnoloxía son nos campos da medicina, da agricultura, aplicacións para usos non alimentarios dos cultivos (biocombustibles, plásticos biodegradables...) e na xenética.

  A aplicación da biotecnoloxía na medicina permite identificar os xenes que interveñen nas diferentes enfermidades e desenvolver fármacos que compensen a actividade de los xenes alterados en cada patoloxía.

    As catro áreas de investigación sobre saúde humana nas que a biotecnoloxía ten un maior impacto son las relativas a diagnóstico molecular y diagnóstico de enfermidades; desenvolvemento de fármacos; terapia celular e enxeñaría de tecidos e, por último, terapia xénica y vacinas xénicas.

A enxeñaría xenética, tamén chamada bioxenética, é a tecnoloxía do control e transferencia de ADN dun organismo a outro, o que posibilita a creación de novas especies, a corrección de defectos xenéticos e a fabricación de numerosos compostos.

A aplicación da enxeñaría xenética na farmacoloxía permite a fabricación de novos tratamentos para diferentes enfermidades. Por exemplo, o factor VIII (necesario para a coagulación e do que carecen as persoas hemofílicas) fabrícase actualmente por enxeñaría, como a hormona do crecemento ou as vacinas contra a hepatite A e B. Os antibióticos obtéñense de bacterias e fungos, que impiden o desenvolvemento doutros organismos.

    Un dos procesos máis coñecidos é a obtención de insulina humana a partir de bacterias recombinantes. O xene da insulina humana extráese da célula e introdúcese na célula hóspede, que acostuma a ser unha bacteria ou un fermento. A célula hóspede contén ADN recombinante, mestura do ADN humano co seu propio ADN. A bacteria recombinante, ao dividirse, fará copias do seu xenoma, pero tamén do ADN humano que se lle introduciu, no proceso que se denomina clonación xénica. Estas bacterias cultívanse en grandes fermentadores para que as bacterias se dividan máis rapidamente. Desta maneira, a insulina producida é idéntica á humana e non hai risco de que provoque rechazo, como podería provocar a insulina de orixe animal.
A parte das aplicacións na farmacoloxía, a biotecnoloxía aplicada á propia medicina permitiu tamén diversos avances.

O diagnóstico clínico permite detectar e previr enfermidades antes de que se manifesten. Ademais, o diagnóstico molecular, que estuda o ADN do paciente enfermo, permite detectar as mutacións que o individuo poda ter nos seus xenes, así como o estudo da herdanza conxunta de marcadores anónimos.

A identificación xenética permite identificar a una persoa a partir dunha gota de sangue ou calquera célula da que se poida extraer o ADN. A técnica para extraer os denominados patróns xenéticos consiste en extraer sangue, fragmentar as cadeas de ADN e separalas en bandas facendo pasar una cadea eléctrica.

A terapia xénica e un procedemento para tratar algunhas enfermidades xénicas mediante tecnoloxía de ADN. Consiste en introducir nas células do paciente un xene normal que substitúa ao xene defectuoso, para que o novo xene se integre no ADN das células do individuo, e sexa capaz de producir a proteína que o xene defectuoso non é capaz de producir.



Andrea Trillo Sanmartín, Marcos Vilela Picos. 4º B - ESO