9 dic 2012

A LÁMPADA




A historia da lámpada, tamén chamada bombilla,  comeza ao final do século XIX con Thomas Alva Edison ao que se lle recoñece como o creador da primeira lámpada ou foco eléctrico. Aínda que xa se desenvolveu anteriormente, foi a primeira lámpada incandescente práctica e viable que luciu durante 48 horas ininterrompidas.

Hoxendía coñécese que Heinrich Goebel , reloxeiro alemán, fabricou lámpadas funcionais case tres décadas antes. Construíu o que moitos chaman a primeira lámpada. Introduciú un fliamento de bambú dentro dunha botella baleira para evitar a oxidación. Continuou o desenvolvemento do invento durante os cinco anos seguintes, logrando que funcionase ata 400 horas.


En 1900, desenvolveuse o primeiro filamento de osmio metálico. Este tipo de lámpada consumía a metade de enerxía que a de carbón, mentres que producía a mesma cantidade de luz. En 1903 probáronse distintos filamentos para a lámpada, ata que a lámpada  consumise só unha terceira parte da enerxía requirida pola lámpada de carbón, para alcanzar a mesma luminosidade.  Agora os filamentos máis empregados son os de wolframio.
Entre os intentos para mellorar á tradicional bombilla atopamos á lámpada halógena, na que o interior do recipiente vai cheo de gas halóxeno, o efecto é que se retarda o "queimado" nas partes que se van desgastando do filamento, o que permite unha vida maior e un traballo a maior temperatura. As lámpadas halógenas entregan unha percepción de maior brillo e cor máis agradable.


Outras alternativas son as lámpadas fluorescentes, que vemos principalmente en establecementos de maior tamaño, e ultimamente os LED (Light Emiting Diode ou Diodo Emisor de Luz), dunha incrible eficiencia e economía. Aos poucos estes LEDs ábrense paso para ir substituíndo ás bombillas ou lámpadas eléctricas para algúns usos cotiáns. As lámpadas fluorescentes compactas presentáronse a principios dos anos oitenta. Utilizan un 80% menos de enerxía (debido principalmente a que producen moita menos calor) e poden durar ata 12 veces máis, aforrando así diñeiro na factura eléctrica. Esta porcentaxe mellora con cada novo modelo. As lámpadas led denomínanse lámpadas de baixo consumo e pódense usar para calquera actividade comercial, destacan o seu aforro enerxético , arranque instantáneo, aguante aos acesos e apagados continuos e a súa maior vida útil, pero tamén con certos inconvenientes como o é o seu elevado custo inicial. A lámpada é un dos inventos máis utilizados polo home desde a súa creación ata a data de hoxe.


Inés Sixto Pérez, 2º  D - ESO