Trátase dun
xoguete que pon de manifesto os principios de Pascal
e de Arquímedes.
Cunha pequena
porción de plástico, obtido dunha bolsa, fixo un pequeno globo e lastrouno con
aramio de estaño ata que flotou emerxendo un pouco. Nestas condicións o globo
permanece en equilibrio na superficie da auga, sendo o peso do mesmo igoal ó
empuxe.
Cando se comprime
a botella a presión exercida no fluído trnsmítese en tódalas direccións (principio de Pascal) e comprime
o globiño .
Como consecuencia delo o volume do globo
diminúe.
Ó diminuir o volume
do globo, que está somerxido, diminúe o empuxe a que está
sometido (principio de Arquímedes), polo que ó ser superado o empuxe (vertical,
cara arriba) polo peso (vertical, cara
abaixo) o globo descende.
Se deixamos de
apretar,ó diminuir a presión, o volume do globo aumenta, aumenta o empuxe e o
globo ascende.